6 de out. de 2013

Tesouros novos e vellos


Nun principio, todos os tesouros eran dunha soa persoa, pero os tesouros rebeláronse e fuxiron do dono, dispersándose polo mundo.

Pagáronlle a magos para que os encantasen.
Desde aquela, os tesouros están separados entre sí por sete leguas e fan cortes que preside o tesouro mais antigo.
Viven en covas, nos socastros, soterrados baixo outeiros e baixo carballos moi vellos. Sempre no escuro, afastados da vista e da xente do común.
 


Os tesouros xantan, beben, súan, dormen e roncan (ás veces sete anos seguidos), deixan barba, falan, dominan linguas, viaxan, mudan de forma, senten vergoña e medo, e tamém morren.
O encantamento é a gran defensa do tesouro. Pode ser una palabra, ou o seu propio nome o segredo que o protexe e, ao desencantalo, o tesouro queda desprotexido, non vale nada, so o metal ou a cinsa na que se converte.


Os que gardan os tesouros son seres do mundo sobrenatural e non son os donos.Os mais serios neste traballo son os mouros, que gardan os tesouros en sacos atados con mil nós. Outras veces, a gardadora é una vella fea e coxa. Hai gardadores animais, reais ou imaxinarios. Os xigantes, alédanse cando alguén se fai co tesouro a aínda botan una man para axudar a carrexalos. Os ananos tamén gardan e limpan tesouros. E as fadas, que se presentan en forma de moza fiadora, ás veces posuidoras de espellos que rouban o alentó de quen se mira nel. 

Conseguir que nos dean o tesouro depende do noso atrevemento. Hai que estar preparado para contestar as preguntas que nos fagan os mouros, fadas, ananos e os demais gardadores.A figura do tesouro, que case sempre é de ouro é moi variada. Brillan tanto que poden cegar os ollos humanos.As figuras que adoptan poden ser casi infinitas: pedras, moedas, coroas, tixolas, arados, aneis, colares, chaves, espadas, vasos, copas, peites, calquera ferramenta común e ata comida.




O buscador de tesouros ten que ter fe na efectividade do rito, o que lle concede o valor diante da resistencia dos tesouros, que non queren ser atopados.O tesouro hai que querer atopalo, e soñar con el.








 



Ningún comentario:

Publicar un comentario