18 de out. de 2013

CLUB PINACOTECA. MARC CHAGALL

Esta vez imos facelo ao revés.
Despois de ler este texto, dibuxaremos o que no suxire e descubriremos a que cadro nos estamos referindo.

"Sobre unha cidade formada por casas sinxelas e humildes, duas figuras voan polo ceo. Sobrevoando a cidade, os namorados voan xuntos nun ceo que lles pertence por completo. Están por riba da cidade.
A man dunha das figuras rodea suavemente o corpo da outra, parecen amantes, quizais fugándose.
A cidade está pintada de cores alegres e está rodeada por un valado de madeira".


"SOBRE A CIDADE", Marc Chagall 1924



Visita a Chagall no museo Tyssen





Ningún comentario:

Publicar un comentario