"Os adultos que non se permiten o luxo de deixar sair xogar ao seu neno interior, non poden ser felices".
"O pequeno príncipe" foi publicado en Francia no ano 1946, unha vez rematada a segunda guerra mundial. Antes xa fora editado en Nova York.
Desde entón foron vendidos mais de 80 millóns de exemplares e está traducido a mais de 160 linguas. Entre esas linguas están algunhas moi minoritarias coma o Asturiano, o Galego, o Gascón, o Corso...
![]() |
Portada do Principiño en lingua Quechua do Perú |
Pero o mais importante é que a sua poesía atrapou a millóns de persoas, pequenos e maiores que saben distinguir entre un sombreiro e unha boa que tragou a un elefante.
O libro do Principiño ten moito da vida do seu autor, Antoine de Saint-Exupery, desde os volcáns que coñeceu nas suas viaxes a Sudamérica
aos baobabs que viu en África
pasando polo raposo que el mismo domesticou cando estaba en Cabo July, en Marrocos.
![]() |
Portadas do libro en outros idiomas Portadas Texto completo en castelán |
Ningún comentario:
Publicar un comentario