"Este día brinda a oportunidade de reflexionar xuntos
sobre o mellor xeito de difundir a cultura escrita e de permitir que todas as
persoas, homes, mulleres e nenos, accedan a ela, mediante a aprendizaxe da
lectura e o apoio ao oficio da edición, as librarías, as bibliotecas e as
escolas. Os libros son os nosos aliados para difundir a educación, a ciencia, a
cultura e a información en todo o mundo".
(Mensaxe de Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO co gallo da celebración do Día Mundial
do Libro e dos Dereitos de Autor, o 23 de abril de 2013)


Escoitao aquí
Só un libro/ Paula Carballeira
Non
sei que facer.
Miña
irmá regaloume un libro.
Un
libro.
Entre
todos os agasallos que puido escoller, escolleu este.
Un
libro.
Por
que?
Que
lle fixen eu?
Míroo
e remíroo.
Sacúdoo,
a ver se ten algo entre as follas, ademais de letras e debuxos.
Nada.
É
só un libro.
Paréceme
inútil, aí quieto, sen moverse.
Éntranme
ganas de rompelo, de escachalo, de queimalo, de estragalo...
A
ver se así reacciona.
Non.
Que
vai reaccionar!
Espera.
O
libro espera.
Non
se decata de que son máis forte ca el.
Non
se decata de que podería esnaquizalo se me deixase levar polo xenio.
Se
cadra estase rindo de min.
Crerase
moi importante por ser un libro.
Vouno
abrir.
Teño
curiosidade por saber que escribiron dentro del para que teña eses
aires
de superioridade.
Vaia!
Non
está nada mal.
Empézame
a caer simpático.
Tan
caladiño, gardando a súa historia coma quen garda un segredo.
Ás
veces penso que a miña irmá pode lerme o pensamento.
Era
xusto o que eu quería.
Un
libro.
Este
libro.
Paula Carballeira
Ningún comentario:
Publicar un comentario