3 de feb. de 2013

CINECLUB IX. Sayonara

            
Unha pequena historia sobre amigos que se despiden.
Un rapaz chamado Charles acaba de perder o seu fogar e pasa o último día co  seu mellor amigo, unha tartaruga mariña, antes de abandoar o lugar para sempre.

MOMENTOS PARA COMENTAR:
1. Empeza o video coa portada dun xornal. Cres que é un sinal ou unha pista sobre o que puido pasar?
2. Que elemento nos leva ao pasado?
3. Cres que ten un final real?
4. Por que diferentes estados de ánimo pasaches durante o video?


Aquí tes unha versión en 3D que intentaremos ver coas gafas. 
Espero que funcione.

           

Ningún comentario:

Publicar un comentario