30 de xan. de 2013

CLUB PINACOTECA. VINCENT VAN GOGH

PAR DE BOTAS. 1886


A situación económica de Van Gogh non foi nunca boa, tivo que ser atendido polo seu irmán Theo durante toda a sua vida.
Hoxe seguro que daremos visións diferentes sobre esta obra, farémonos preguntas e pode que imaxinemos unha nova vida para este par de botas.

PREGUNTAS MOTIVADORAS:

1. Cres que un par de botas son o mellor modelo que podería escoller un pintor tan famoso coma Vincent?
2. Por que elixe Vincent un par de botas vellas e gastadas en lugar dos seus mellores zapatos?
3. Terán algo que ver a escasez de recursos e a elección do modelo?
4. Como son as pinceladas, de onde procede a luz do cadro, que cores emprega?
5. Cres que é un cadro que representa a realidade? Podemos chamalo un cadro realista?

Autorretrato. Vincent Van Gogh

Ningún comentario:

Publicar un comentario