3 de mar. de 2013

LINGUAS EN PERIGO DE EXTINCIÓN.

Recuperamos esta entrada para dar comezo ás actividades relacionadas coas linguas en perigo de extinción.
Recorda que hai información permanente na parte dereita do blog.


A mitade das 6000 linguas que existen no mundo están en perigo de extinción e cada 15 días desaparece unha delas. Así o di a UNESCO (Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura).

A UNESCO puxo en marcha en Internet o "Atlas das linguas en perigo", que será actualizado semanalmente e que inclue mais de 2000 idiomas, todos eles en perigo de desaparecer.

Os expertos coinciden en que un factor moi importante para o reforzo dunha lingua debilitada e medrar cunha actitude positiva con respecto á propia lingua materna.

Os expertos estiman que de non facerse nada, a metade dos 6000 idiomas que se falan no mundo actualmente desaparecerán a fin deste século XXI.


ESTE SERÁ O TEMA QUE GUÍE AS ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA 2012/2013


Ningún comentario:

Publicar un comentario