8 de maio de 2014

CLUB PINACOTECA. Henri Matisse.

"A HABITACIÓN VERMELLA" 1908-1909
Un día, unha señora que visitaba ao pintor Matisse no seu estudio, fíxolle o seguinte comentario:
-"Estou convencida de que o brazo desta muller é demasiado longo".
Matisse respondeu cortesmente:
- "Madame, está vostede equivocada, isto non é unha muller, isto é un cadro".

Un cadro non ha de ser idéntico ao mundo que vemos. Pode ser, por exemplo, moito mais decorativo.

TEXTO DE PRESENTACIÓN:
Na "Habitación vermella", recoñecemos unha mesa elegantemente servida e vestida cun mantel vermello. O papel da parede é vermello tamén e está profusamente decorado con flores. Tamén recoñecemos unha cadeira, unha ventá pola que se ve unha paisaxe con árbores, céspede e ao lonxe, unha casa. Unha muller peiteada cun moño, coloca sobre a mesa un foiteiro.



Ningún comentario:

Publicar un comentario