Consulta a pestana "Entroido" da cabeceira do blog.
26 de feb. de 2014
25 de feb. de 2014
CINECLUB XXXVIII. "Luminaris"
Un conto cheo de fantasía.
Un tipo normal que persegue un soño nun mundo que case non deixa tempo para a creación.
20 de feb. de 2014
CLUB PINACOTECA. PAOLO UCELLO
"SAN JORGE E O DRAGÓN". Entre 1456 e 1460
Que teñen en común todos os contos de
princesas e dragóns?
A súa orixe.
A lenda de San Jorge e o dragón.
Un dragón fai un niño na fonte que provee de
auga a toda a cidade, en consecuencia, os cidadáns deben apartar da fonte ao
dragón todos os días para conseguir auga. Así que ofrecen diariamente un
sacrificio, primeiro animal e despois
humano, que se decide ao chou entre os habitantes. Un día resulta seleccionada
a filla do rei. Cando está a punto de ser devorada polo dragón, aparece San
Jorge que ven dalgunha das súas viaxes, a cabalo, enfróntase ao dragón, matao e
salva á princesa.
![]() |
Paolo Ucello. 1397- 1475 |
14 de feb. de 2014
O DÍA DE ROSALÍA. 24 DE FEBREIRO
![]() |
Coma todos os anos celebramos o día de Rosalía o 24 de febreiro.
Lémbrovos que hai recursos nas entradas anteriores:
Un repoludo gaiteiro.
Un repoludo gaiteiro
de pano sedán vestido,
como un príncipe cumprido,
cariñoso e falangueiro,
entre os mozos o primeiro
e nas siudades sen par,
tiña costume en cantar
aló pola mañanciña,
con esta miña gaitiña
ás nenas hei de engañar.
Con esta miña gaitiña
ás nenas hei de engañar.
Sempre pola vila entraba
con aquel de señorío,
sempre con poxante brío
co tambor se acompasaba;
e se na gaita sopraba
era tan dóce soprar
que ben fixera en cantar
aló pola mañanciña,
con esta miña gaitiña
ás nenas hei de engañar.
Con esta miña gaitiña
ás nenas hei de engañar.
Todas por el reloucaban,
todas por el se morrían,
se o tiñan cerca sorrían,
se o tiñan lonxe choraban;
¡Mal pecado! Non coidaban
que c’aquel seu frolear
tiña costume en cantar
aló pola mañanciña
con esta miña gaitiña
ás nenas hei de engañar.
Con esta miña gaitiña
ás nenas hei de engañar.
Camiño da romaría
debaixo dunha figueira,
cánta meniña solteira
¡quérote! lle repetía...
I el ca gaita respondía
por a todas emboucar,
pois ben fixera en cantar
aló pola mañanciña
con esta miña gaitiña
ás nenas hei de engañar.
Con esta miña gaitiña
ás nenas hei de engañar.
¡Nas festas, cánto contento!
¡Cánta risa nas fiadas!
Todas, todas namoradas
déranlle o seu pensamento.
I el que de amores sedento
quixo a todas engañar,
cando as viu dimpois chorar
cantaba nas mañanciñas:
Non sexan elas toliñas,
non veñan ao meu tocar.
Non sean elas toliñas,
non veñan ao meu tocar.
de pano sedán vestido,
como un príncipe cumprido,
cariñoso e falangueiro,
entre os mozos o primeiro
e nas siudades sen par,
tiña costume en cantar
aló pola mañanciña,
con esta miña gaitiña
ás nenas hei de engañar.
Con esta miña gaitiña
ás nenas hei de engañar.
Sempre pola vila entraba
con aquel de señorío,
sempre con poxante brío
co tambor se acompasaba;
e se na gaita sopraba
era tan dóce soprar
que ben fixera en cantar
aló pola mañanciña,
con esta miña gaitiña
ás nenas hei de engañar.
Con esta miña gaitiña
ás nenas hei de engañar.
Todas por el reloucaban,
todas por el se morrían,
se o tiñan cerca sorrían,
se o tiñan lonxe choraban;
¡Mal pecado! Non coidaban
que c’aquel seu frolear
tiña costume en cantar
aló pola mañanciña
con esta miña gaitiña
ás nenas hei de engañar.
Con esta miña gaitiña
ás nenas hei de engañar.
Camiño da romaría
debaixo dunha figueira,
cánta meniña solteira
¡quérote! lle repetía...
I el ca gaita respondía
por a todas emboucar,
pois ben fixera en cantar
aló pola mañanciña
con esta miña gaitiña
ás nenas hei de engañar.
Con esta miña gaitiña
ás nenas hei de engañar.
¡Nas festas, cánto contento!
¡Cánta risa nas fiadas!
Todas, todas namoradas
déranlle o seu pensamento.
I el que de amores sedento
quixo a todas engañar,
cando as viu dimpois chorar
cantaba nas mañanciñas:
Non sexan elas toliñas,
non veñan ao meu tocar.
Non sean elas toliñas,
non veñan ao meu tocar.
6 de feb. de 2014
CLUB PINACOTECA. HENRI MATISSE
A DANZA 1909
"A DANZA". MUSEO HERMITAGE, SAN PETERSBURGO.
![]() |
"A DANZA" MOMA, NOVA YORK |
![]() |
Autorretrato de Henri Matisse. |
PREGUNTAS MOTIVADORAS:
1.- Reflexiona sobre estas palabras: liña, cor, luz.
2.- Nunha obra tan grande so utiliza tres cores: vermello, azul ultamar e verde esmeralda.
3.- Cales desas cores dedica aos corpos e a natureza?
5 de feb. de 2014
O alumnado colaborador.
O alumnado que participa na actividades de voluntariado-A, traballando no recreo. Non son todos, faltan os que estaban realizando outras tarefas nese momento.
Preparar o panel da entrada da biblioteca.
Levar información ao resto dos compañeiros.
Recoller os traballos que se propoñen, ordenalos e escoller, se é o caso os mais axeitado para publicar no blog.
Rematar o traballo de catalogación dos fondos.
Debatir xunto coa mestra coordinadora as actividades propostas.
Levar a cabo "representacións" que axudan á consecución dos obxectivos.
Elaborar material necesario para as actividades que se propoñen.
Representar contos en determinadas ocasións.
Realizar o préstamo dos fondos ao resto dos compañeiros.
O equipo de dinamización da biblioteca e o Sr. Tomoski agradécenlles a súa dedicación e entusiasmo.
4 de feb. de 2014
CINECLUB XXXVI. " Idiots"."Oro Burus"
Esta é a historia dun pequeno rei que cre que pode domeñar ao astro rei, o sol.
Animación realizada cos pequenos robots xaponeses e un simple decorado.
Reflexiona:
1.- Disfrutamos de verdade coas marabillas da tecnoloxía?
2.- Pode ser que alguén se sinta atrapado polas mismas?
3.- Decatácheste de si aparece no video algunha marca coñecida de aparellos electrónicos?
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)