Lembra que hai recursos para o Outono e o Magosto na cabeceira do blog.
7 de nov. de 2012
6 de nov. de 2012
CINECLUB ll. O elefante encadeado
"O elefante encadeado"
É un precioso conto de Jorge Bucay que relata a triste vida dun elefante de circo que vive atado a unha pequena estaca de madeira que sen dúbida podería arrincar sen esforzo.
Por que non o fai?
Iso é o que temos que descubrir.
FRAGMENTOS PARA COMENTAR:
- Podería liberarse facilmente dunha estaca e fuxir.
- Que o ten preso?. Por que non fuxe?
- O elefante do circo non escapa porque estivo atado a unha estaca parecida desde que era moi pequeno.
- Ata que un día, un día terrible para a súa historia futura...
- Nunca, nunca, intentou volver a poñer a proba a súa forza.
- Somos todos coma o elefante do circo?
- Es ti coma o elefante do circo?
Aquí tedes una presentación distinta e moi orixinal da historia.
![]() |
CLUB PINACOTECA. ODILON REDON
A ARAÑA SORRINTE. 1881
As arañas de Redon sinten emocións e son parte do mundo dos pesadelos de moitas persoas.
Esta non parece unha araña común.
Quizais descubramos por que sorrí.
PREGUNTAS MOTIVADORAS:
- Gústanche as arañas?
- Están as arañas entre os teus medos e pesadelos?
- Por que nos dan medo as arañas e as nécoras non?
- Cres que é unha araña real?
- Parece que sorrí, por que pode ser?
- Durante 20 anos este pintor só utilizou o carboncillo e a cor negra, cres que a cor nergra pode producirnos algunha sensación?
- Escolle da lista de sensacións a que mais se aproxime ao que pensas.
- Agora poñámoslle nome ao cadro.
![]() |
ODILON REDON. AUTORRETRATO |
2 de nov. de 2012
MISTERIOSA IMPRESIÓN
Esta semana moitos profesores decidiron asustar de verdade aos seus alumnos ou aos alumnos dos demais.
Para iso utilizaron a cova do medo da biblioteca.
Aquí tedes unha impresión que non sabemos como se fixo, pero apareceu nunha das cámaras dos profesores que quedou esquecida durante uns minutos.
![]() |
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)