"O elefante encadeado"
É un precioso conto de Jorge Bucay que relata a triste vida dun elefante de circo que vive atado a unha pequena estaca de madeira que sen dúbida podería arrincar sen esforzo.
Por que non o fai?
Iso é o que temos que descubrir.
FRAGMENTOS PARA COMENTAR:
- Podería liberarse facilmente dunha estaca e fuxir.
- Que o ten preso?. Por que non fuxe?
- O elefante do circo non escapa porque estivo atado a unha estaca parecida desde que era moi pequeno.
- Ata que un día, un día terrible para a súa historia futura...
- Nunca, nunca, intentou volver a poñer a proba a súa forza.
- Somos todos coma o elefante do circo?
- Es ti coma o elefante do circo?
Aquí tedes una presentación distinta e moi orixinal da historia.
![]() |
Ningún comentario:
Publicar un comentario