O 17 de Decembro,de 1843, Charles Dickens publica a súa obra
"Un conto de Nadal" "A Christmas carol"
O protagonista é o señor Ebenezer Scrooge, un home avarento e tacaño que non celebra a festa de Nadal debido á sua vida solitaria e á súa adicción ao traballo.
Non lle importan os demais, so os negocios e o diñeiro.
Unha noite, en vésperas de Nadal, Scrooge recibe a visita dunha pantasma que resulta ser a do seu mellor amigo e socio, Jacob Marley, que morriu fai sete anos. A pantasma cóntalle que por ter sido avarento en vida, arrastra por toda a eternidade unha longa e pesada cadea.
Di que ven para anunciarlle a Scroogel que xa chegou ao límite das maldades posibles e que de seguir así terá que arrastrar unha cadea ainda mais longa que a súa o resto da eternidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario