6 de abr. de 2011

Camiño de Santiago III



A mediados do ano 1100, o Mestre Mateo, por encargo do rei Fernando II de León comezou a construción xunto cun grupo de canteiros, do Pórtico da Gloria.
Durante 20 anos o Mestre Mateo e os seus colegas de profesión traballaron no que sería unha das obras do románico mais importantes de toda Europa.
No Pórtico relátase a historia da humanidade contada pola igrexa católica e foi feita para os peregrinos do século XII que se achegaban a Santiago en busca de solucións aos seu problemas e dúbidas existenciais.
Mais de 200 figuras dispóñense nos tres arcos e os seus apoios. Estas figuras, 800 anos despois, ainda conservan restos da súa policromía orixinal.
Gracias á Fundación Barrié de la Maza que se está encargando da sua restauración, poderemos ver esta xoia do románico tal e como a viron os homes e mulleres do século XII.


Resolve agora os Enigmas do Sr. Tomoski

Aquí podedes ver o Pórtico da Gloria de cerca:

Ningún comentario:

Publicar un comentario