6 de mar. de 2016

Traballamos pola igualdade

No cole estamos elaborando muráis coa vida de mulleres que destacaron nalgún momento da historia ou nalgún eido da vida laboral ou de dereitos sociais. Moitas mulleres que, a pesares da dificultade que a sociedade lles poñía, foron quen de levar accións e loitas  ata acadar os seus logros. E que fixeron dentro da sociedade un cambio na historia.
 
O Día Internacional da Muller, orixinalmente coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora, conmemorado cada 8 de marzo e recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e de facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade, é festa recoñecida nalgúns países, e tradicionalmente grupos e asociacións de mulleres militantes no feminismo ou no movemento obreiro preparan manifestacións, por veces utilizando o nome orixinal, por todo o mundo, para facer ver as súas reinvindicacións para mellorar as condicións da muller, e festexar os avances e loitar pola superación dos atrancos.
 
 
Moitos dos contos tradicionais que coñecemos dende sempre fan do papel da muller algo convencional e esterotipado.
No seguinte video imos ver un conto coñecido por todos pero contado dende outra perspectiva.
 O Principe Cincento.

8 de dec. de 2015

Chegou o Nadal

O Apalpador é unha personaxe da tradición popular galega nado no Courel. Está ligado ás festas do Nadal e gústalle compartir connosco estes bonitos días. É un pastor mangallón e bo, de mirada doce e longas barbas coloradas que, co seu abrigo cheo de remendos e a grandes zancadas, percorre Galicia enteira.
Durante o ano fabrica carbón, vive dos froitos silvestres, caza xabarís, recolle mel e fai aparecer, coas pólas dos bosques e fragas, os xoguetes que as madeiras agochan. O 31 de decembro baixa aos pobos, visita aos nenos casa por casa e déixalles como obsequio castañas quentes e divertidos agasallos de madeira.

Bo Nadal e Feliz Aninovo a tod@s


Disfrutade das vacacións!

22 de nov. de 2015

Celebrando o día da música.



O 22 de novembro celébrase o Día Internacional da Música. Esta data celebra o nacemento de Santa Icía, nomeada no ano 1594 polo Papa Gregorio XIII, como a patroa dos músicos. A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO), estableceu o 22 de novembro como Día Mundial da Música, coa finalidade de ofrecer un merecido tributo a músicos cuxa contribución artística acompañou o desenvolvemento da civilización occidental a través dos séculos

18 de out. de 2015

Xa estamos de volta

 
 
Como xa sabedes remataron as obras no patio así é que por fin podemos abrir as portas da nosa biblioteca no recreo.
 
 
 
 
O martes agardamos aos nenos e nenas de 5º e 6º que queiran colaborar con nós para anotarse.
AGARDÁMOSVOS.

12 de out. de 2015

Os libros voadores

 
 
 
Fermosa historia sobre o valor dos libros na nosa vida e de como cada un de nós escribe a súa propia historia, o seu propio libro, pero para poder escribir primeiro hai que ler moitos libros, facerse amig@s seus e que formen parte da nosa vida e polo tanto da nosa historia.
Agardámosvos na biblio para que sexades capaces de ler outras historias, fascinantes e emocionantes  que vos axuden a escribir a vosa.

10 de set. de 2015

Xa estamos de volta, hoxe comezou un novo curso, unha nova andaina que percorrer xuntos, dende a Biblioteca querémosvos animar a que fagades a viaxe con nós, cos vosos amigos os libros nos que o entretemento, a diversión e o disfrute son de garantía.
Feliz comezo a todos/as e agardámosvos a partir de outubro na hora do recreo.
Iremos informando sobre as quendas dos préstamos e as normas de uso.


12 de abr. de 2015

Día do libro

O Día do Libro (tamén denominado Día Internacional do Libro e Día Mundial do libro) é un acontecemento anual que se celebra o 23 de abril. A festa celebrouse por primeira vez baixo os auspicios da UNESCO en 1995 coa idea de fomentar a lectura, a edición e publicacións impresas e os dereitos de autor.

27 de xan. de 2015

CANCIÓNS POLA PAZ


 
 
PERSOAS QUE TRABALLAN POLA PAZ.
 
 
Rigoberta Menchú Tum, nada o 9 de xaneiro de 1959 en Uspantán, El Quiché, é unha líder indíxena guatemalteca e defensora dos dereitos humanos, membro do grupo Quiché-Maya. É embaixadora de Boa Vontade da Unesco e gañadora do Premio Nobel da Paz e do Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional

 
30 DE XANEIRO DÍA DA PAZ.