![]() |
POESÍA INFANTIL E XUVENIL |
27 de out. de 2012
26 de out. de 2012
CINECLUB III. Wilde beest.
"Wilde beest"
Un par de ñus miran ao río antes decidirse a cruzalo.
Seguramente encontraremos algúnha semellanza entre os ñus e nós mismos
16 de out. de 2012
CLUB PINACOTECA. RENÉ MAGRITTE
"O CUARTO DE ESCOITAR" 1952
A obra de René Magritte invítanos a reflexionar sobre os obxectos mais cotiáns.
PREGUNTAS MOTIVADORAS:
- Que ves aí?
- Como é posible que esta mazán xigante estea aí?
- Ves algunha porta ou ventá por onde puidese entrar?
- Vai seguir medrando?
- Faiche recordar algún conto que coñeces?
- Podería alguén comer esta mazán?
- A obra de René Magritte califícase coma "Realismo Máxico". Por que pode ser? Pensa nas duas palabras.
- Que sensación che produce unha mazá tan enorme nun sitio tan pequeno? Elixe da lista de sensacións.
- Intenta un título para este cadro.
![]() |
RENÉ MAGRITTE. AUTORRETRATO |
10 de out. de 2012
VAITE PREPERANDO, AÍ CHEGA O SAMAÍN
VISITA OS NOVOS RECURSOS DA PESTANA "SAMAÍN" NA CABECEIRA DO BLOG
CLUB PINACOTECA. EDWARD HOPPER
HABITACIÓN DE HOTEL. 1931
Esta muller está soa.
Acaba de chegar ou xa marcha?
Se cadra podemos inventarlle unha nova vida.
PREGUNTAS MOTIVADORAS:
- Onde está esta muller?
- As maletas están feitas, por que pode ser?
- Sostén algo entre as mans, que será?
- Está lendo, pensando, recordando?
- Es seguro que mira ao libro?
- A cara da muller está ensombrecida, significará algo?
- Escolle da lista as sensacións que che transmite.
- Imaxinamos unha vida para esta muller.
- Agora dámoslle un título ao cadro.
![]() |
EDWARD HOPPER. AUTORRETRATO |
9 de out. de 2012
OS PROFESORES E AS PROFESORAS DAN MEDO
Saca o teu lado mais escuro e asusta de verdade.
Deixar aos repaces sen recreo faino calquera.
Achégate á biblioteca no recreo na semana do Samaín e asusta de verdade.
Rascayú - Letra orixinal
(autor: P. Bonet de San Pedro)
Estribillo:
Rascayú, cuando mueras, ¿qué harás tú?
Rascayú, cuando mueras, ¿qué harás tú?
Tú serás un cadáver nada más.
Rascayú, cuando mueras, ¿qué harás tú?
Oigan la historia que contóme un día
El viejo enterrador de la comarca;
Era un viejo a quien la suerte un día
Su rico bien le arrebató la Parca.
Todas las noches iba al cementerio
A
visitar la tumba de su hermosa
Y la gente murmuraba con misterio
“es un muerto escapado de la fosa”
Estribillo
Hizo amistad con muchos esqueletos
que salían bailando una sardana
Y mezclando sus voces de ultratumba
Con el croado de alguna rana
Los pobrecitos iban mal vestidos
Con sábanas que “ad hoc” habían robado
Y el guardián se decía con recelo:
“estos muertos se me han revolucionado”.
Si no es bastante tétrica la historia
Los fuegos fatuos se meten en el lío
armando con sus luces tenebrosas
un cacao de padre y muy señor mío.
Estribillo
7 de out. de 2012
CINECLUB I. Eloísa e os bichos
"Eloísa e os bichos"
Un libro de Jairo Buitrago e Rafael Yoketeng.
É unha interesante historia que nos invita a reflexionar sobre as dificultades para adaptarnos a situacións novas e descoñecidas.
Isto pode valer tanto para unha nena que comeza un novo curso nun colexio novo, como para calquera persoa que se sinte estranxeira nun país que non é o seu.
Quen como Eloísa non se sentiu nunca un bicho raro?
ELOÍSA E OS BICHOS.
FRAGMENTOS PARA COMENTAR.
1.“Non son de aquí, chegamos unha tarde cando eu era
pequena”. (Así comeza)
2.“Quedaba na escola coma un bicho raro”.
3.“Os recreos eran longos”.
4.“Volviamos a casa sen falar con ninguén”.
5.“Os días pasaban mais rápido”.
6.“Pero neste lugar aprendín a vivir”. (Así remata)
3 de out. de 2012
CLUB PINACOTECA. FRANZ MARC
A VACA AMARELA . 1911
Que lles pasa aos animais deste pintor?
Isto mais parece un anuncio de chocolatinas.
PREGUNTAS MOTIVADORAS:
- Onde está esta vaca?
- Que está facendo?
- De que cor é? Por que será desta cor?
- Cres que a cor pode transmitir sensacións?
- Escolle da "lista de sensacións" as que mais axeitadas che parezan.
- Franz Marc era chamado "O pintor que daba alma aos animais", por que pensas que o decían?
- Agora podemos pensar un título para este cadro.
![]() |
Retrato de Franz Marc por August Macke 1910 |
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)